INFORMACIÓN SOBRE A SUSPENSIÓN DA XORNADA DE COMPE...

INFORMACIÓN SOBRE A SUSPENSIÓN DA XORNADA DE COMPETICIÓN EN PERILLO

02/07/2022

Hoxe deberían terse disputado a VII Bandeira Concello de Oleiros na Liga Feminina e a XI Bandeira Salgado Congelados da Liga B masculina. 

A xornada arrancou cunhas condicións de moito vento e baixo o formato de contra o reloxo. Na primeira quenda da categoría feminina competiron catro equipos (CR Puebla, CR Salgado-Perillo, CM Castropol e CRN Riveira), sendo o CM Castropol o equipo que acadou o mellor tempo. 

Durante o transcurso da primeira quenda soltouse a baliza de terra. Malia que a organización tratou de arranxar o problema, recolocando a boia para o comezo da segunda manga feminina, non foi posible.  
Deste xeito, a segunda quenda feminina e a regata de Liga B masculina tiveron que suspenderse. Aplicándose o Art. 20 da Normativa da Regata, a xornada considérase non puntuable para ambas categorías. 

A VII Bandeira Concello de Oleiros entregouse ao CM Castropol ao ter marcado o mellor tempo da quenda disputada. Por outra banda, nos vindeiros días os clubs daLiga B masculina terán unha reunión para tratar a posibilidade de emprazar a regata nunha nova data dentro do calendario.