ALN
logo ALN

A Asociación Liga Noroeste ten como fin a práctica e fomento do remo tradicional. Encárgase de organizar a Liga Galega de Traiñeiras, a competición por excelencia de remo de banco fixo en Galicia.

A Liga Galega de Traiñeiras iniciou na tempada 2005, momento no que varios clubs de remo xuntáronse para dar forma a unha competición baixo un novo marco asociativo que reúne unha regulamentación propia e específica, aglutinando así mesmo as características tradicionais das competicións de traiñeiras.

O formato común e máis estendido comprende unha distancia a recorrer de 5.556m, repartida en catro longos, e cunha participación simultánea de catro embarcacións en liza con cadanseu carreiro. As traiñeiras teñen unha dimensión de 12 metros e un peso de 200 quilos. Os tripulantes vogan en filas de dous a excepción do proel e o patrón, competindo un total de 14 deportistas, dos cales 13 son remeiros/as e 1 o patrón/a.

Tanto a asociación como a competición veñen experimentando un crecemento continuado, en número de participantes, número de deportistas como en número de eventos organizados. Tanto é así, que na tempada 2021 márcase un récord con ata 31 clubs inscritos na competición e máis de 650 deportistas participantes. De forma paralela foron tamén medrando os recursos estruturais, administrativos e audiovisuais, destacando a tempada 2022 na que se asina un acordo televisivo para retransmitir a competición en directo.

Apartado en consonancia á Lei, que se coñece por “lei de transparencia”, publicada no BOE o 10 de decembro do 2013 baixo o seu artigo 1 “tiene por objeto ampliar y reforzar la transparencia de la actividad pública, regular y garantizar el derecho de acceso a la información relativa a aquella actividad y establecer las obligaciones de buen gobierno que deben cumplir los responsables públicos así como las consecuencias de su incumplimiento”.

Lei de aplicación a todas as institucións e administracións do Estado tamén, seguindo o seu o artigo 3.b) as disposicións do capítulo II do título I serán tamén aplicables a “las entidades privadas que perciban durante el periodo de un año ayudas o subvenciones públicas en una cantidad superior a 100.000 euros o cuando al menos el 40% del total de sus ingresos anuales tengan carácter de ayuda o subvención pública, siempre que alcancen como mínimo la cantidad de 5.000 euros”.

Por todo o exposto anteriormente, e co fin de dar cumplimento ao recordatorio da Secretaría Xeral para o Deporte de dar cumprimento á esta Lei, a Asociación Liga Noroeste cumpre coas obrigas de información e transparencia requeridas publicando na súa web todos os apartados requeridos, manifestando así o seu exercicio de transparencia.

Normativa aplicable:

Lei 3/ /2012, do 2 de Abril, do Deporte de Galicia

Decreto 85/2014, de 3 de Xullo, que aproba o Regulamento do Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia

Orde 8 de Setembro do 2010 de regulamento de procesos electorais

Resolución 8 de Setembro de 2009 da Secretaria Xeral para o Deporte pola que se ditan normas de bo goberno das Federacións Deportivas de Galicia

Ley 39/2022, de 30 de diciembre, del Deporte