PREVIA A CLAUSURA LIGA GALEGA DE TRAIÑEIRAS

O próximo fin de semana celébrase na Praia do Orzán en A Coruña a regata Teresa Herrera de traiñeiras, coincidindo coa Clausura e fin de tempada regular da Liga Galega de Traiñeiras 2019.

A primeira xornada terá lugar o sábado 24 de agosto a partir das 17:30h. A regata será en formato contrarreloxo co sistema flecha. A regatas estarán compostas por: 1) Play-OFF LGT: que decide os ascensos e descensos á Liga A e Liga B. 2) Regata da Liga Galicia Calidade: última regata puntuable da Liga. 3) Regata da Liga B: regata NON puntuable. 4) Regata da Liga A: última regata puntuable da Liga. A esta xornada chégase con case todo por decidir na Liga A, na que CR Ares é quen encabeza a clasificación. Se os ferroláns acadan como mínimo a 6ª posición, serán campións de forma matemática.

A Liga Galicia Calidade xa ten un vencedor de forma matemática, o CR Mecos-Coruxo-Isabel quen se proclamou campión a falta dunha xornada.

A tempada regular da Liga B xa concluíu a semana pasada en Mugardos, sendo o CR A CabanaFerrol o campión e gañándose o ascenso a Liga A para a tempada 2020.

O Play-Off de ascenso disputarano CR Coruxo (3º Liga B), AD Esteirana (2º Liga B), Amegrove CR (11º Liga A) e CR Muros (12º Liga A). Os equipos xogaranse dúas prazas de ascenso directo para a Liga A na tempada 2020. Teremos aquí a primeira xornada do mesmo. Ademais de todo elo será a xornada clasificatoria para facerse co Trofeo Teresa Herrera. Clasificarán as 10 embarcacións masculinas máis rápidas e as 5 embarcacións femininas máis rápidas.

bandera2014.jpg

Por último, e tras o remate da competición efectuarase o acto de CLAUSURA da LGT, que porá punto e final á tempada regular. Neste acto entregaranse medallas aos tres primeiros clasificados de cada unha das tres categorías, así como a BANDEIRA GRAN PREMIO XUNTA DE GALICIA ao gañador de cada categoría. Así mesmo entregarase un trofeo ao “Mellor patrón/a” de cada categoría e un trofeo á “Mellor organización”. Haberá tamén discursos das principais autoridades do remo en Galicia. Asociación Liga Noroeste Rúa Fafián nº29 - 6, 15960, Ribeira administracion@ligalgt.com www.ligalgt.com 618358763 CIF: G36497782 A segunda xornada terá lugar o domingo 25 de agosto a partir das 11:00h. A regata será en liña, o formato tradicional, con cinco calles. O Play-Off seguirá a ser contrarreloxo. As regatas serán as seguintes: A Liga A, Liga B e Liga GC xa non serán puntuables posto que a competición regular está terminada do día anterior.

O Play-Off disputará a súa segunda xornada e decidirá os dous postos de ascenso de categoría. Seguirá sendo en formato contrarreloxo. A fase final do Teresa Herrera en categoría feminina disputarase nunha quenda a 5 calles. A fase final do Teresa Herrera en categoría masculina disputarase en dúas quendas a 5 calles. Ao termo das regatas farase entrega de Bandeiras e Trofeos do Teresa Herrera por parte da Federación Galega de Remo. Isto suporá o punto e final á tempada 2019 en competición oficial de banco fixo en GALICIA.

A espera de celebración doutras competicións de banco fixo como son a Bandeira da Kontxa ou Play-Off da ACT.

Asociación Liga Noroeste