PENÚLTIMA XORNADA DE LIGA QUE AFIANZA POSICIÓNS

Os clubs reafirman posicións na táboa da Liga A

 

O domingo 18 de agosto celebrouse en Meira a V Bandeira Illa do Samertolameu, nunha mañá soleada e con mar calmo, condicións perfectas para que os clubs puidesen medirse en igualdade de condicións.

 

CR Rianxo volveu a marcar o mellor tempo da 1ª quenda, facendo 21:13:14 co que aspiraba a adiantar algún club da segunda quenda. De novo a loita estivo na segunda posición na que desta vez foi Amegrove CR o club que se levou o gato a auga, marcando 21:34:78 polos 21:39:06 que marcou CR Muros.

 

Na 2ª quenda o CR Cuca-Vilaxoán repúxose da mala regata feita o día anterior e foi proa de regata de inicio a fin, acadando un tempo final de 20:54:71. A segunda posición foi tamén claramente para o CM Bueu-Teccarsa que parou o crono en 21:00:25. Por último o terceiro e cuarto posto estiveron moi disputados entre CR Cabo de Cruz e CDM Mera. Finalmente serían os de Oleiros os que acadarían ese disputado terceiro posto da quenda con 21:09:33, pola contra o CR Cabo de Cruz foi cuarto con 21:15:02.

 

4G8A6527.jpg

A quenda de honra disputouse como ben sendo habitual, CR Ares facendo proa de quenda e de bandeira. Os de Ares pararon crono en 20:23:25, mentres, os anfitrións de SD Samertolameu-Oversea farían unha gran regata na casa e acadarían un ansiado segundo posto con 20:26:30.  Para chegada igualada a que nos deron Mecos e Tirán, xa que ambos clubs estiveron a menos de un segundo de distancia. SD Tirán-Pereira sería terceiro con 20:31:03 mentres que CR Mecos-Isabel sería cuarto con 20:31:84.

 

Así o CR Ares fíxose coa súa 9º Bandeira desta tempada.

 

O sábado que ven será a Clausura en A Coruña co Teresa Herrera.

Asociación Liga Noroeste