Máxima igualdade na apertura da LGT 2019

A Bahia de Mera foi a encargada de acoller a primeira xornada da Liga Galega de Traíñas 2019. Unha tampada marcada pola ausencia do Club de Remo Puebla que deixa á liga A con tan só 11 equipos.

 

Ao ser a primeira xornada de liga, a orde de saída sería establecida mediante sorteo o que xa adiantaba a incerteza da cita. Entre os temores dos clubs atopábase a posibilidade de coincidir na queda con equipos, teóricamente, de diferente nivel. Esta foi a situación á que tivo que facer fronte o Club de Remo Muros que partía na primeira quenda coa S.D. Samertolameu e co C.R. Vilaxoán. Na primeira referencia os recén ascendidos só cederon 9 segundos con respecto á Terca e á Vixe do Carme que chegaron igualadas. Pero esta diferenza foi aumentando considerablemente e Muradana quedou moi lexos dos primeiros. Dúas embarcacións que deixaron patente dende o primeiro momento a igualdade da liga. Meira cheba á segunda virada un segundo por diante de Vilaxoán e á terceira a dous segundos. A pesar do gran último longo dos vilaxoaneses finalmente o vixente campión fíxose ca primeira quenda por só 90 centésimas.

 

CAD32336-A1BF-4D7E-B2C1-F772DC79D8C6.jpeg

Na segunda quenda o sorteo encuadrou a Cabo B, Tirán, Mecos e aos anfitrións de Mera. E ao igual que na partida anterior os dous primeiros estiveron a menos dun segundo durante os catro longos. Tirán e Mecos paraban o crono no mesmo segundo nas dúas primeiras viradas. Na terceira era a Mequiña a que se adiantaba por un segundo pero nun último longo de infarto a Mar do Con gañaba a partida e superaba os temos dos seus veciños de Meira na quenda anterior. Por detrás Mera comezou por diante de Cabo B, pero nos dous últimos longos o vixente campión da liga B tomou a dianteira e deixou aos anfitrións 9 segundos por detrás.

 

Na última saída formaron parte Rianxo, Ares, Amegrove e Bueu. Esta foi a quenda menos igualada pero toda a emoción estivo no crono. Ares marcou o ritmo dende o principio ata o final e os tempos estaban moi parellos aos rivais que xa competiran. Na primeira referencia a Santa Olalla situábase un segundo por diante de Tirán, na segunda aumentaba ata os 5 e na terceira ata os 7 pero o tempo final reduciríase a só 4 segundos. Co que Ares facíase coa primeira bandeira da tampada. Por detrás chegou Bueu a 41 segundos rematando a xornada en 6ª posición por detrás, ademáis dos campións, de Tirán, Mecos, Samertolameu e Vilaxoán. O terceiro posto da quenda foi para Rianxo que caeu ata a 9ª posición da táboa por detrás de Cabo B e Mera. E pecharía a última partida e a VI Bandeira Virxe do Carme Bahía de Mera Amegrove CR. A Pabliño estivo por detrás en todo momento pero un erro na última virada afastoulles de calquera posibilidade de superar a Muros.

Asociación Liga Noroeste