Mecos Coruxo Isabel vence na contrareloxo de Oleiros

Segunda bandeira consecutiva para as rapazas de Mecos na Liga Galicia Calidade

 

Na modalidade contrareloxo desenvolveuse esta IV Bandeira Concello de Oleiros na que Mecos marcou o ritmo dende o inicio, exactamente igual que o que fixera o fin de semana anterior no inicio da Liga Galicia Calidade en Chapela.

IMG_1076.JPG

Dez segundos no primeiro longo a Cabo que foron aumentando paulatinamente ata os case 45 do final a Tirán. Maior loita houbo polo segundo, terceiro e cuarto posto. Unha dura loita entre Tirán e Cabo (que melloraron os tempos uns das otras en varias ocasións) na que finalmente saiu vencedora Tirán. Nesta pugna de tres, o CR Salgado Perillo foi cuarto e logrou parar o crono tamén dentro dos vintecatro minutos.

Máis lonxe atopouse Mugardos, que finalizou penúltima xa nos 25 minutos e Chapela, que cos seus 25:31 pechou a clasificación desta bandeira.

Mecos vai coma un tiro e semella non ter rival neste inicio da Liga Femenina.

 

 

AD Esteirana vence nunha dura loita en Oleiros

Primeira vitoria para o conxunto de Esteiro nesta tempada 2019

Tamen contrareloxo como o fixeron as súas compañeiras no inicio desta tarde de traiñas no Concello de Oleiros. Neste caso en dúas tandas, dúas tandas nas que reinaron as diferencias, xa que as cinco últimas embarcacións participaron na 1ª Tanda e as cinco primeiras da clasificación xeral na segunda. Pugna entre Castropol e Perillo na primeira, na que se levou o gato a auga Castropol con catro segundos de vantaxe sobre o conxunto que hoxe actuaba como local.

Chapela foi terceiro na súa tanda, algo lonxe das duas primeiras e con suficiente colchón sobre Mugardos, que tivo unha penalización de dez segundos, e Vila de Cangas que pechou esta primeira quenda moi lonxe dende o inicio da cabeza

Na 2ª tanda, na que se dilucidou esta VIII Bandeira Salgado Congelados, comezou con retraso, por mor do movemento dunha das boias, por si fose pouco a chuvia na Praia de Sta Cristina pasaba de ameaza a absoluta realidade.

Moita igualdade no primeiro longo, no que Coruxo, Cesantes, Esteirana e A Cabana estaban tan so separadas por 2 segundos.

No segundo longo Esteirana apretou o acelerador e distanciabase a seis segundos de A Cabana que aínda tiña a Coruxo e Cesantes apretandolle os talóns, Cedeira mantiña as distancias coas embarcacións da 1ªtanda. Continuaron no terceiro longo estas diferencias, polo que Esteirana logrou vencer na terceira xornada desta Liga B, A Cabana foi quen de manter o segundo posto e a sua vez continuar como líder do segundo escalafón da Liga Galega.

Asociación Liga Noroeste