Mecos Coruxo marca ritmo da Liga Galicia Calidade

As rapazas de Mecos-Coruxo foron primeiras de principio a fin

Daba comezo a Liga Femenina de traiñas coa disputa da IV Bandeira Concello de Redondela na praia de Arealonga en Chapela, primeira vez na historia que compiten nas mesmas condicións que os homes e baixo un novo nome, o de Liga Galicia Calidade.

Regata lanzada que na primeira quenda reflexou moita igualdade dende o inicio entre Tirán e Perillo e ainda que na primeira virada mandaron as de Tirán, finalmente saíron vencedoras as segundas. O conxunto local de Chapela estivo lonxe dende o inicio, facendo un enorme esforzo por manterse o máis preto posible das súas compañeiras de queda, pero era complicado polo ritmo que reinaba.

Lanzadas e nunca mellor dito saíron na 2a quenda. Mecos Coruxo Isabel e Cabo de Cruz, ambas baixaron de 6 minutos e demostraron a boa saúde do remo feminino galego, colocandose dende o primeiro como candidatas a victoria no dia de hoxe

Relativamente preto estivo Cabo de Mecos nos dous primeiros longos, pero as rapazas de Mecos imprimiron un ritmo dificilmente de aguantar e rematou vencendo a vinte segundos de Cabo. Mugardos, como Chapela na 1aquenda loitou contra os elementos e finalizou moi lonxe da cabeza.

Finalmente, bandeira e liderato para Mecos, cunha victoria como reza o novo nome desta fermosa liga de “calidade”

A Cabana volve vencer e presenta a súa candidatura o ascenso Os rapaces de Ferrol continuan na cabeza da Liga B

Asociación Liga Noroeste