Imparable Ares

A Santa Olalla volve gañar na cuarta xornad da liga desputada no Grove. Rianxo protagonista da fin de semana remata 7.

A liga galega de traiñas trasladabase na súa quinta xornada ao grove para disputar a XXXVI Bandeira Concello de O Grove. Unha regata disputada ni porto de Meloxo a 6 longos.

Na primeira quenda partían de novo Amegrove CR, o CR Rianxo e o CR Muros. Despois de moitas xornádas intentándoo e quedando preto por fin, os rianxeiros o conseguiron, gañaron a primeira manga con claridade e superaron a Mera e Cabo que partían na seguinte. Un 7 posto co que a Virxe da Guadalupe pecha unha gran fin de semana, no deportivo, no extradeportivo, os rianxeiros volveron a competir con bandas laranxas eb mostra de apoio a súa compañeira. Por detrás, Muros e Amegrove alternábanse na loita polo segundo posto que finalmente sería para os anfitrións. Amegrove quedaba segundo e pechaba décimo na xeral e Muros remataba undécimo.

unnamed.jpg

Un loita similar a estas enbarcacións a tiveron Mera e Cabo. As dúas traiñas partían na segunda quenda xunto con Cuca-vilaxoán e Bueu-tecarssa e dende os primeiros compases quedaron máis rezagadas. Nun gran último longo os de Boiro superaban a Mariñeria e remataban oitavos na xeral, sendo novenos os de Oleiros. Por dia te a loita entre Vilaxoán e Bueu foi similar ás das anteriores xornadas. Comezaron igualadas pero finalmente os vilaxoanes gañaron con claridade á Maruxía. Un tempo que de novo deixa aos de Truco a un paso duns postos de honra que se lles resiste.

A igualdade foi de novo o máis destacado da que da de honra. Igualade que Ares comeza a romper levándose as bandeiras con cada vez máis segundos de por medio. De principio a fin a Santa olalla liderou e se fixo ca XXXVI Bandeira Concello de o Grove. Por detras unha loita especracular entre Tirán, Meira-Oversea e Mecos-Isabel. En cada referencia os postos alternábanse e finalmente os de Tirán remataban segundos, Meira terceiros e a outra embarcación do Grove, a Mequiña, facía o propio en cuarta posición. 
Tralo acontecido hoxe ó único cambio na clasificación xeral é que Tirán desfai o empate con Meira e contiúa terceira pero en solitario. 

Asociación Liga Noroeste