CR ARES AFIANZA O SEU LIDERATO

Os da ferrolterra fixéronse coa súa oitava bandeira da tempada

 

DSC_0071.jpg

O sábado 17 de agosto celebrouse no peirao de Muros a III Bandeira Muros de San Pedro, nunha tarde con intervalos de choiva e cun formato de regata a 6 longos no que as viradas cobran especial relevancia.

 

Na primeira quenda a proa de regata foi en todo momento, e como ven sendo habitual, para o CR Rianxo. Nos dous primeiros longos, Amegrove era segunda con entre 2 e 4” por diante de Muros, que era terceiro. Mais nos tres últimos longos Muros remontou a Amegrove xa que os da Pabliño tiveron que rectificar nunha virada e perderon tódolos segundos que tiñan de vantaxe respecto Muros. Estas posicións xa non variarían ata o final da quenda a pesar de que Amegrove arañou uns segundos ao crono para quedar a tan so 4” de Muros.

A segunda quenda comezou mirando de reollo ao tempo marcado por CR Rianxo. A primeira virada foi de infarto e as catro embarcacións marcaron 3:12. Bueu collía proa de regata nos primeiros longos pero non foi quen de manter o liderado da segunda quenda ata o final, pois Cabo da Cruz fixo efectiva unha traballadísima remontada durante o 5º e 6º longos. Sorpresa a que dou Vilaxoán, que sempre soe impoñerse na 2ª quenda e que hoxe firmou o peor tempo.

Finalmente Rianxo colaríase e superaría en tempos a Mera e Vilaxoán.

A quenda de honra estivo formada polos 4 mellores barcos da clasificación xeral da Liga A. O CR Ares dominou de principio a fin a regata pola calle 4 e finalmente levaríanse a Bandeira. A loita atopouse no 2º posto, tanto Tirán como Mecos loitaron ata o fin por facerse con esa posición. Tirán amosoulle a proa a Mecos nos dous primeiros longos, e Mecos fixo o propio nos derradeiros longos culminando así unha remontada moi traballada. Samertolameu pola súa parte marcou o 4º mellor tempo durante toda a regata, dende o 2º longo foi perdendo segundos con respecto os seus rivais, aínda así logrou quitarlle segundos aos veciños de Tirán no derradeiro longo quedando a tan só 3”.

Así pois o CR Ares alzouse coa súa 8ª bandeira desta tempada e consolídase como líder da Liga A.

Asociación Liga Noroeste