Cabo gaña no Grove na LigaGC e Ares recupera o liderato na Liga A

O CR Mecos Coruxo Isabel coa vitoria en Moaña e o segundo posto no Grove acaricia a liga. Cabo gaña a súa primeira bandeira na casa das líderes. Ares recupera o liderado con dúas vutorias.

 

Tralo parón para disputar o campionato de España as traiñas volvían de novo á competición con dúas xornadas en Moaña e no Grove.

 

4G8A5959.jpg

Na liga Galicia Calidade en Moaña a vitoria da I Bandeira Feminina, IX Gran Premio Fandicosta foi para o CR Mecos Crouxo Isabel, o segundo o CR Cabo de Cruz, terceiras as anfitrioas da SD de Tirán Pereira, que lle arrebatan o posto de honra na xeral a Salgado Perillo, que chegaron cuartas na bandeira. O quinto posto foi para Chapela e o sexto para o CM Mugardos.

Na III Bandeira Feminina Virxe do Carme o CR Cabo de Cruz alzouse coa vitoria deixando en segunda posición ás lideres do CR Mecos Coruxo Isabel. O CR Salgado Peirllo recuperou o terceiro posto quedando por diante da SD de Tirán Pereira. No quinto posto chegou o CM de Mugardos e pechou o CR de Chapela.

 

Na categoría A ambas xornadas foron gañadas polo CR Ares que recupera o liderado. Os dous segundos posto foron para a SD de Tirán Pereira. Na XXXVII bandeira concello de Moaña foi para a SD de Samertolameu oversea deixando o CR Mecos Isabel, líder ata esa xornada, no cuarto posto. Os postos cambíaronse na  VIII bandeira virxe do Carme, terceiros os anfitrios mecos e cuartos os da Terca.

4G8A6202.jpg

Os quintos postos das xornadas foron para o CR Cuca Vilaxoán. Bueu Tecarsa e Mera alternátonse no sexto e sétimo posto, o sabáod chegaron por diante os da Mariñeira e o domingo os da Maruxía de Bueu. O mesmo fixeron o CR Cabo de Cruz e Rianxo, oitavos os de Boiro en Moaña e no Grove os de Rianxo. Pecharon as bandeiras Muros e Amegrove. En moaña Amegrove foi décima e Muros fíxose con ese posto no Grove.

 

Asociación Liga Noroeste