Ares erra e Tirán é o novo líder

O C.R. Ares entrou polo carreiro equivocado e quedou fora da regata. A S.D. Tirán proclamouse campión da xornada e novo líder da liga. Cabo perde un posto a favor do C.M. de Bueu por saír sen rabiza.

4G8A0997.jpg

 

A primeira xornada da XXV Bandeira Concello de Vilagarcía deu un volteo á Liga Galega de Traíñas 2019. Cando parecía que sería unha xornada sen novidades, no último instante todo cambio. Ares liderou a quenda ante Tirán, Meira e Mecos pero na chegada a meta errou a entrada e quedou descualificada. Un erro que deu a Tirán a vitoria da xornada, deixando a Meira terceiro, tras remontar a Mecos que foron cuartos.

O desenlace da xornada terá consecuencias no día de mañá. Vilaxoán que gañou a segunda manga quedou finalmente cuarta e mañá sairá na quenda de honra. Por detrás quedou Bueu pero esta vez con polémica. A Maruxía perdía no último longo a loita con Cabo por centésimas pero a saída sen estacha dos de Boiro penalizábaos con 10 segundos e cun 6 posto na xornada. Máis lonxe chegou Mera que pechaba sétima.

O oitavo posto do día foi para Rianxo. A Virxe da Guadalupe superou a Amegrove e Muros e mañá saíra na segunda quenda. O seu lugar na primeira manga o ocupará o C.R. Ares. A Santa Olalla terá que loitar mañá con Amegrove, que hoxe foi noveno e Muros que pechou décimo.

Tralo acontecido no día de hoxe a S.D. Tirán está un punto por diante do C.R. Mecos – Isabel, dous por diante da S.D. Samertolameu – Overssea e tres mellor que o C.R. Ares. Mañá disputarase unha nova xornada de liga en Vilaxoán que decidirá o campión da bandeira pero a sensación é que comeza unha liga nova.

Asociación Liga Noroeste