A Presentación da Liga Galega de Traiñeiras terá lugar en Sanxenxo

A competición da comezo cun acto de presentación o próximo sábado 15 de xuño.

O sábado 15 de xuño ás 19:00h da tarde terá lugar o Acto de Presentación da LGT 2019. O lugar que acollerá o evento será o concello de Sanxenxo, que tras varios anos volve a albergar un evento de traiñeiras.

 

CARTEL PRESENTACION.jpg

Ao lugar desprazaranse os 27 equipos que conforman a competición: os 6 clubs da LGT Feminina, os 11 da Liga A masculina e os 10 da Liga B masculina. O que se traduce en medio millar de deportistas que acudirán á cita acompañados das súas traiñeiras, as xigantes do mar de 12m, 200kg e cores características.

 

Tamén asistirán ao evento diversas autoridades, como o Secretario Xeral para o Deporte - José Ramón Lete - , o Alcalde de Sanxenxo - Telmo Martín- ou o Presidente da LGT - Javier Rodríguez.

 

Ademais do acto de presentación que contará coa presentación das plantillas, vídeos e entrevistas; tamén está previsto facer unha xornada de promoción de remo a través de ergómetros, para que todo aquel que se achegue á Praza dos Barcos poida aprender a técnica de remar, en horario de 16.00h a 18.00h.

 

 

Asociación Liga Noroeste