A Esteirana vence en Cedeira e continua na pelea polo titulo da LIGA B

Xornada pasada por auga que complicou o estado do mar

 

Na primeira tanda dominou Vila de Cangas, pero no terceiro longo comezou a remar cun menos, pois un dos seus remeiros tivo un percance nun dos seus brazos, feito que aproveitou Chapela para conquerir o primeiro posto na sua quenda. Mugardos estivo lonxe prácticamente dende o inicio e pasou dos 23 minutos.

Na segunda tanda comezou o diluvio en Cedeira, feito que non parou ata o final da quenda, Cedeira non foi quen de vencer na súa casa e viuse superado por Castropol. Perillo, nunca puxo en dubidas o binomio entre os locais e Castropol

Na quenda de honra a Esteirana foi quen de endulzar un pouco a regata de onte na súa casa (foi terceiro) vencendo hoxe en Cedeira, superando en nove segundos o líder da categoría, A Cabana, que mantén o liderado da liga, Cesantes foi terceiro e Coruxo pechou a tanda.

Asociación Liga Noroeste