CR A CABANA -FERROL

 
escudo a cabana.jpg

O Club de Remo A Cabana-Ferrol é unha organización deportiva sen ánimo de lucro, que ten coma fin principal a promoción e práctica do deporte do remo (remo de banco fixo tradicional e base de remo olímpico móbil). As nosas instalacións pertencen ao Concello de Ferrol e están situadas no barrio de A Cabana.

Este club naceu hai 33 anos, no verán de 1982, e dende entón os seus diferentes responsables o mantiveron coma permanente actividade deportiva, subindo posicións no ránking de clubs galegos. O CR A Cabana-Ferrol é un dos primeiros clubs en canto a número de deportistas federados e que compite con todas as categorías das diferentes modalidades, tanto a nivel provincial, coma autonómico e coma nacional.

O club pertence á Federación Galega e Española de Remo e á Asociación Liga Noroeste de Traiñeiras, estando inscrito como entidade deportiva no rexistro da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. A Xunta Directiva está composta por once (11) persoas, e actualmente cóntase con douscentos vinte e seis (226) socios.

O primeiros logro destacado da entidade foi a medalla de bronce acadada polo batel sénior no Campionato de España no ano 1988 en Cedeira, resultado que se volvería a repetir no ano 1992 en Castropol (Asturias). Habería que esperar ata o ano 2004 para que, no Campionato de España de Bateis celebrado en Ferrol, os xuvenís acadaran a medalla de bronce. No 2006 a tripulación sénior lograría a medalla de prata en Sestao, mentres que os infantís acadarían o bronce no 2007 en Moaña. No Campionato de España celebrado en Ferrol no ano 2011, os xuvenís acadaron a medalla de prata e o feminino xuvenil a medalla de bronce. É de resaltar que nos anos 2012 e 2013 a tripulación de batel infantil se proclama Campión de España de Bateis.

Dende o ano 1996 ao 1999, particípase en traiñeira formando xunta aos clubes de Cedeira, Mugardos e San Felipe, chamándose esta “Cidade de Ferrol”. No ano 1997 empézase a competir na modalidade de banco móbil, para acudir de forma regular aos Campionatos Galegos e nacionais dende o 2000, destacando a medalla de prata no Campionato de España do 2006de dobre Skull alevín feminino, e a de bronce no 2011 de dobre Skull alevín masculino. Particípase regularmente na Regata Internacional Queima das Fitas na localidade portuguesa de Coimbra. Os anos 2003 e 2004, remeiras co club participan no Campionato de España por autonomías, formando parte da selección galega. No ano 2001, o xuvenil feminino queda terceiro de España de yolas.

Hai que destacar tamén que o club foi socio fundador da Liga Galega de Traiñeiras e a nosa embarcación, a “Galatea”, ven competindo na Liga dende o seu inicio, no 2003. Nos anos 2009, 2010 e 2011 houbo competición de traiñeiras femininas, participando o noso club nas dúas edicións, asistindo aos dous primeiros anos á Regata da Concha en San Sebastián, Regata coñecida como “A Olimpiada do Remo en Traiñeiras”.

PLANTILLA 2019

LIGA B

1979-04-14 Daniel Feijoo.jpg

Daniel Feijoo

CANTEIRÁN

1989-09-10 Enrique Cid.jpg

Enrique Cid

CANTEIRÁN

1993-02-02 Pablo Loureiro.jpg

Pablo Loureiro

CANTEIRÁN

1999-10-21 Santiago Couselo.jpg

Santiago Couselo

CANTEIRÁN

2000-01-12 Martín Folgar.jpg

Martín Folgar

CANTEIRÁN

1999-02-06+Laura3.jpg

Laura Alonso

CANTEIRÁ

1983-8-10 Fernando Arias.jpg

Fernando Arias

CANTEIRÁN

1989-10-30 Brais López.jpg

Brais López

CANTEIRÁN

1994-09-10 Alejandro Miranda.jpg

Alejandro Miranda

CANTEIRÁN

1999-10-29 Noemi Abella.jpg

Noemi Abella

CANTEIRÁ

2000-01-20 Juan Miguez.jpg

Juan Miguez

CANTEIRÁN

1984-09-22 francisco rañales.jpg

Francisco Rañales

PROPIO

1991-02-2 Jorge sanmartin.jpg

Jorge Sanmartín

CANTEIRÁN

1997-06-24 Alberto Saavedra.jpg

Alberto Saavedra

CANTEIRÁN

1999-11-23 Lucas Sanmartín.jpg

Lucas Sanmartín

CANTEIRÁN

2001-09-26 Manuel  Fernández.jpg

Manuel A. Fdez.

NON PROPIO

1986-07-18 Daniel loureiro.jpg

Daniel Loureiro

CANTEIRÁN

1991-04-16 Hugo Rascado.jpg

Hugo Rascado

CANTEIRÁN

1999-07-20 Daniel Cenalmor.jpg

Daniel Cenalmor

CANTEIRÁN

1999-12-16 Manuel López.jpg

Manuel López

CANTEIRÁN

Captura de pantalla 2019-05-30 a las 8.22.41.png

Daniel Dapena

CANTEIRÁN

 

Contacto:

 

Dirección:

Lug. A Cabana, s/n. 15590, Ferrol (A Coruña)

Email:
remoacabana@gmail.com 

Teléfono:

981-326-902

Redes sociais:

Patrocinios:

logo-vector-concello-de-ferrol.jpg