CM BUEU - TECCARSA

 

O Club do Mar Bueu fundouse no ano 1982 da man de Manuel Otero Pérez, co fin de ofrecer o pobo de Bueu a opción de practicar un deporte cheo de tradición, paixón, arraigo cultural e fisicamente moi exixente e completo como o remo. O Club leva dende entón formando deportistas e remeiros, tanto a nivel físico como humano, sempre baixo o paraugas dos valores do club e do deporte: a ilusión, o compañeirismo, o sacrificio, a entrega, a solidariedade e o compromiso.

O club tivo unha andaina caracterizada polo sacrificio e a busca de os mellores medios posibles. Na década da súa fundación, nos anos 80, obtivéronse os primeiros logros deportivos, conseguindo chegar ao primeiro Campionato de España de Bateis en 1987 e acadando no 1989 a primeira Bandeira de Traiñeiras do Club, na propia casa a V Bandeira de Traiñeiras Concello de Bueu. A historia do club nos anos 90 veuse marcada polas dificultades de poder ter instalacións e a falta de apoio polas administracións nese senso. Nos anos 1995 e 1996 o club veuse abocado a estar sen instalacións e os barcos acabaron na rúa, na entrada ao peirao da vila. No ano 1997 volveuse ao mar cos bateis e no ano seguinte, no 1998, volveu saír a Maruxía, a nosa traiñeira, ao mar.

A partir desta época comezou unha etapa dun gran traballo coa base e a canteira novamente, que se caracterizou polo pulo das categorías femininas e o gran traballo das remeiras do Club do Mar Bueu. A canteira voltou a ser a principal actividade do club acadando resultados como Campionato de España de Bateis Xuvenil Masculino no 2001 e Subcampionato de España de Bateis Sénior Feminino en 2002. A presencia en traiñeiras femininas nesta etapa foi moi destacada e tamén a participación da Maruxía Masculina na LGT. Nos anos máis duros para poder completar a nosa plantilla, os nosos remeiros tamén participaron en iniciativas e proxectos como o Club de Remo Morrazo, anos que acabaron dando paso a etapa máis recente da Maruxía na LGT.

Na presente etapa da historia máis recente da Maruxía no 2014, conseguiuse o ascenso a Liga A de Traiñeiras dende onde compite noso club ata a actualidade. Nesta historia recente destacar o crecemento do apoio social ao club e a presencia do mesmo na vida da vila. O cal tamén se ve no apoio de colaboradores do club, sendo o máximo expoñente o apoio de Teccarsa, que dende ese ano 2014 esta presente no respaldo ao Club e a súa labor deportiva.

escudo bueu copy.png

PLANTILLA 2019

LIGA A

JOSE MANUEL FREIRE.jpg

J. Manuel Freire

CANTEIRÁN

ANDRES (Patron).jpg

Andrés Ríos

CANTEIRÁN

OSCAR MARTINEZ.jpg

Oscar Martínez

CANTEIRÁN

ANGEL VALLADARES.jpg

Ángel Valladares

CANTEIRÁN

ANDRES GONZALEZ.jpg

Andrés Glez.

CANTEIRÁN

CARLOS PEREZ.jpg

Carlos Pérez

CANTEIRÁN

DAVID MOLEDO.jpg

David Moledo

CANTEIRÁN

SERGIO PEREZ.jpg

Sergio Pérez

CANTEIRÁN

MARTIN PEREZ.jpg

Martín Pérez

CANTEIRÁN

ALEXANDRO RODRIGUEZ.jpg

Alexandro Rdgz.

CANTEIRÁN

CARLOS RAMIREZ.jpg

Carlos Ramírez

PROPIO

RUBEN JUNCAL.jpg

Rubén Juncal

CANTEIRÁN

JOSE FERRAL.jpg

Jose Ferral

PROPIO

JESUS IBAN FERNANDEZ.jpg

Jesús Ibán Fdez.

CANTEIRÁN

FELIX DUARTE (Patron).jpg

Félix Duarte

NON PROPIO

DIEGO PEREZ ok.jpg

Diego Pérez

CANTEIRÁN

DIEGO COSTA.jpg

Diego Costa

NON PROPIO

DIEGO OTERO.jpg

Diego Otero

CANTEIRÁN

Estevo Paz Freire.jpg

Esteban Paz

NON PROPIO

 

Patrocinios:

Captura de pantalla 2019-06-02 a las 9.36.34.png
Captura de pantalla 2019-06-02 a las 10.59.57.png
Captura de pantalla 2019-06-02 a las 11.00.00.png
Captura de pantalla 2019-06-02 a las 11.00.06.png
Captura de pantalla 2019-06-02 a las 11.00.21.png
Captura de pantalla 2019-06-02 a las 11.00.10.png
Captura de pantalla 2019-06-02 a las 11.00.25.png
Captura de pantalla 2019-06-02 a las 11.01.01.png
Captura de pantalla 2019-06-02 a las 11.00.14.png
Captura de pantalla 2019-06-02 a las 11.00.30.png
Captura de pantalla 2019-06-02 a las 11.00.40.png
Captura de pantalla 2019-06-02 a las 11.00.17.png
 

Contacto:

 
 

Dirección:

Nave de Deportes Náuticos de Pescadoira s/n.
36930, Bueu (Pontevedra)

Email:  clubdomarbueu@gmail.com

Teléfono:

696-444-912

Redes sociais: