samertolameu.jpg
 

 

A Liga Galega de Traiñeiras (lgt) é a competición por excelencia do remo de banco fixo en Galicia, e está organizada por medio da Asociación Liga Noroeste

Os inicios datan do ano 2007, momento no que unha serie de clubs deciden emprender a creación dunha nova competición que tivese unha organización interna propia e exclusiva. estes clubs foron os socios fundadores, entre eles estaban: CR Cabo de Cruz, CR A Cabana-Ferrol, CR Coruxo, CR Chapela, SD Samertolameu e CR Vila De Cangas. 

Así, nace a Liga Galega de Traiñeiras, co fin de poñer en valor e achegar a todos a práctica do remo tradicional. 

O ámbito de actuación abarca a meirande parte da costa galega, ademais de castropol (asturias). A competición desenvólvese nos fins de semana de verán (xuño-xullo-agosto). A liga está composta actualmente por 21 equipos masculinos e 6 femininos. Na liga participan preto de 600 deportistas.

Logo-LGT_imaxe.jpg