AD ESTEIRANA

 
escudo esteirana copy.jpg
 

A historia da Asociación Deportiva Esteirana Remo comeza o 20 de Agosto de 1988, nunha Asemblea extraordinaria de socios da Sociedade Cultural Recreativa e Deportiva Esteirana, na que se decide crear unha sección de remo.Na temporada 1989 conta cun plantel de 18 remeiros e empeza a competir oficialmente na modalidade de bateis. A tripulación infantil masculina consegue clasificarse para o Campionato Galego ese mesmo ano, e dende aquela, o club sempre estivo presente con algunha categoría no campionato autonómico.O número de remeiros vai medrando ano a ano, contando con 23 en 1990, temporada na que clasificamos a tripulación infantil masculina para o Campionato de España, despois de ser terceiro no Campionato Galego. Volvemos a estar presentes, en algunha categoría, no campionato estatal nas temporadas 1994, 1995, 1996, 1999, 2000, 2001, 2005, 2006, 2007, 2008, 2010 e 2011.

Converténdonos en habituais nos campionatos de España.Na temporada de 1991 cóntase con 27 remeiros, e empézase a competir na modalidade de traineriña, aínda que non é ata 2002, cando se compra un barco competitivo, que se fai de forma continuada, conseguindo clasificar a tripulación xuvenil para o Campionato de España, volvendo a facelo na 2012.

 É nesta temporada na que empezan a incorporarse mulleres a practicar a modalidade de bateis, sendo subcampionas no primeiro Campionato Galego que se celebra en 1992.En 1993 cóntase xa con 43 deportistas. Neste ano  cómprase unha traiñeira de madeira de segunda man, e empézase a competir na modalidade raíña do banco fixo.

Dende aquela estivemos sempre presentes nas Bandeiras e Trofeos do calendario oficial, sendo no ano 2003 un dos clubs fundadores da Liga Galega de Traiñeiras, na que viñemos participando ininterrompidamente ata o 2014.Un ano moi importante na historia do club foi 1997. Neste ano, nunha asemblea de socios da Sociedade Cultural, Recreativa e Deportiva Esteirana, celebrada o 17 de Agosto, decídese que a sección de remo teña os seus propios socios e unha xestión económica e administrativa totalmente diferenciada da SCRD Esteirana.Outro feito descatado de 1997 é que se empeza a competir en banco móbil ou remo olímpico. Os éxitos en banco móbil chegan na temporada 2000, cando na modalidade de Dobre Scull Cadete Feminino(2xCF), conseguimos a medalla de prata no Campionato de España.

Na temporada 2002, constitúese a Asociación Deportiva Esteirana Remo, mantendo só un vinculo sentimental coa SCRD Esteirana, á que hai que recoñecerlle o seu papel na promoción do deporte e a cultura en Esteiro e comarca.

Neste ano por primeira vez unha deportista do club compite en probas internacionais coa selección española xuvenil. Continuando os nosos remeiros/as acadando sucesivos logros en competicións internacionais a nivel individual e formado parte de equipos da FER.

Actualmente a AD Esteirana Remo conta con aproximadamente 350 socios e socias, remeiros e remeiras de tódalas categorías, que compiten tanto nas modalidades de banco fixo como nas de banco móbil, e tamén co apoio dunha sociedade que a impulsa e representa.

 

PLANTILLA 2019

LIGA B

 
CanosaToreaENRIQUE19.jpg

Enrique Canosa

CANTEIRÁN

FigueiraLestonGERARDO19.jpg

Gerardo Figueiras

CANTEIRÁN

GallardoNuñezPABLO19.jpg

Pablo Gallardo

CANTEIRÁN

MartinezRomaniHECTOR19.jpg

Héctor Martínez

CANTEIRÁN

PriegueMayoXAVIER19.jpg

Xavier Priegue

CANTEIRÁN

VianaFerreiroCESAR19.jpg

César Viana

propio

FigueirasNuñezEDUARDO19.jpg

Eduardo Figueiras

CANTEIRÁN

LamelaLestonFRANCISCOMANUEL (1).jpg

F. Manuel Lamela

CANTEIRÁN

MayoMartinezRODOLFO17.jpg

Rodolfo Mayo

CANTEIRÁN

RodriguezLestónBRUNO19.jpg

Bruno Rodríguez

CANTEIRÁN

CorbachoTouriñoSEBASTIAN19.jpg

Sebastián Corbacho

non propio

FabregasMartínezBENIGNO19.jpg

Benigno Fábregas

CANTEIRÁN

FontaiñaFigueirasAARON18.jpg

Aarón Fontaíña

CANTEIRÁN

LestonBañaALEXANDER19.jpg

Alexander Lestón

CANTEIRÁN

OteroReodriguezANTONO19.jpg

Antonio Otero

CANTEIRÁN

TobaFernandezDAVID19.jpg

David Toba

CANTEIRÁN

FernandezBreaJOSE17.jpg

Jose Fernández

CANTEIRÁN

FreireRuibalDANIEL19.jpg

Daniel Freire

non propio

MartinezMartinezJUANMANUEL19.jpg

J. Manuel Mtnez.

CANTEIRÁN

PortalsMayoGUSTAVO17.jpg

Gustavo Portals

CANTEIRÁN

TomeFernandezDOMINGO19.jpg

Domingo Tomé

CANTEIRÁN

 

Contacto:

 

Dirección:

Agrocovo, s/n –
Ribeira de Creo, 15240, Esteiro (A Coruña).

Email: esteiranaremo@esteiranaremo.gal

Teléfono:

699-874-603

Redes sociais:

Patrocinios:

Captura de pantalla 2019-06-01 a las 19.27.35.png